O ciclo Con voz de muller, que desde hai anos protagonizan grandes artistas femininas durante as Festas do Verán de Pontevedra, xa desvelou o primeiro nome para a súa próxima edición.
Trátase da artista chilena Ana Tijoux, que ofrecerá o sábado 2 de agosto na Praza da Ferrería un dos poucos concertos que dará este verán en todo o país.
Esta vocalista e compositora non deixou de cegar desde que o seu álbum e a súa canción 1977 puxesen patas para arriba a escena do hip hop latino e os seus derivados, en 2010.
Pero desde o lanzamento de Kaos tres anos antes, desafiou fronteiras e loitado contra a opresión coa súa arte e en directo é un auténtico bulebule.
Tijoux, unha influente figura do hip-hop latinoamericano, fusiona música e activismo social, destacando polo seu compromiso con temas como o feminismo e os dereitos humanos.
Ao longo da súa carreira foi recoñecida con múltiples premios Grammy e fixo incursións noutras disciplinas como o cine, a televisión e a literatura
O último disco de Ana Tijoux, Vida (2024), é un álbum maduro, exuberante, heteroxéneo, colorista, concienciado, clásico e á vez moi contemporáneo.
É unha sensacional combinación de hip hop, R&B, funk, jazz, trap, afrobeat, cumbia, dancehall, música disco e folk, con colaboracións, entre outros, de artistas como Omar, Talib Kweli, Posdnuos (DA Soul), Pablo Chill-E e iLe.
O EP Serpiente de madera, publicado este ano, é o seu último traballo musical até a data.