A XXV Festa Gastronómica do Lacón con Grelos incluirá na súa programación unha cita musical de primeiro nivel.
Trátase do artista cordobés Antonio José.
Segundo confirmou o Concello de Cuntis, o compositor andaluz ofrecerá un concerto nas inmediacións do pavillón municipal, na Rúa Pedro Campos, o sábado 2 de marzo a partir das 22.00 horas.
Antonio José presentará en Cuntis o seu último traballo discográfico, titulado 'El Pacto', ademais de repasar algunhas das composicións máis coñecidas dos seus máis de dez anos de carreira, nos que publicou oito álbums conseguindo ata 15 discos de ouro e 12 de platino.
As entradas para este concerto, a un prezo de 20 euros, poden adquirirse a través da plataforma woutick.es.
En canto á Festa do Lacón con Grelos, dende o Concello sinalan que entre os días 21 e 28 de febreiro será posible realizar as reservas para a degustación de lacón o día grande da festa, o domingo 3 de marzo, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), chamando ao 986533600 ou na propia plataforma woutick.es.