Este sábado 19 de novembro, ás 20.30 horas, as bandas de música de Salcedo convertirán o Pazo da Cultura nun teatro de Brodway traendo ata Pontevedra os mellores musicais.
Así, a Banda Xuvenil de Salcedo interpretará el tema "Defying gravity", de Stephen Schwartz. É unha canción do musical "Wicked: A historia xamais contada das bruxas de Oz", coa súa versión de Idina Menzel como a máis coñecida.
Tamén o "Mamma mía", un musical baseado nas cancións do grupo sueco ABBA.
A continuación, a Banda de música de Salcedo, en colaboración coa Plié Dance School presenta catro danzas do musical West Side Story (Scherzo, Mambo, Cha-cha e Cool). Este musical, con libreto de Arthur Laurents y música Leonard Bernstein, está baseado con certa liberdade en Romeo e Julieta de William Shakespeare.
E tamén "La, la, land" unha peza da banda sonora desta película musical de 2016 escrita e dirixida por Damien Chazelle, e protagonizada por Ryan Gosling e Emma Stone.
Logo, en colaboración coa cantante Mariña Rey Noya, interpretará un tema de "Los Miserables", un musical completamente cantado baseado na novela homónima de Victor Hugo, con música de Claude-Michel Schönberg e letras orixinais de Alain Boublil.
E tamén xunto a Mariña Rey interpretarán unjha selección dalgúns dos máis destacables musicais de Andrew LLoyd Webber. Poderemos escoitar cancións dos musicais Jesuscristo Superstar, Evita, Cats e O Pantasma da Ópera.