As 'Cosas mías 2' de Moncho Borrajo enchen de gargalladas o Pazo da Cultura

Pontevedra
25 de novembro 2017

O  showman e dramaturgo galego Moncho Borrajo volveu analizar este sábado a actualidade española no Pazo da Cultura de Pontevedra coa segunda parte do seu espectáculo 'Cosas Mías'

Espectáculo 'Cosas Mías 2' de Moncho Borrajo no Pazo da Cultura
Espectáculo 'Cosas Mías 2' de Moncho Borrajo no Pazo da Cultura / Diego Torrado

O  showman e dramaturgo galego Moncho Borrajo volveu analizar este sábado a actualidade española no Pazo da Cultura de Pontevedra coa segunda parte do seu espectáculo 'Cosas Mías'

'Cosas Mías 2' encheu de gargalladas o Pazo a base de monólogos, cancións e imitacións sobre situacións cotiás de España cun espectáculo no que, ademais, destacou a participación do público en todo momento.