As imitacións de Carlos Latre acadan o éxito no Pazo da Cultura

Pontevedra
12 de novembro 2016

O televisivo humorista realizou un repaso da actualidade a través da recreación dos personaxes máis coñecidos no espectáculo Carlos Latre In Live

Actuación de Carlos Latre no Pazo da Cultura

Carlos Latre In Live mostra ao popular humorista televisivo en plena forma, realizando as súas mellores imitacións e realizando un repaso dos personaxes que todos os días aparecen nos medios de comunicación, xa sexan da política, do espectáculo ou do deporte.

Carlos Latre ofreceu na noite deste venres no Pazo da Cultura un show que entusiasmou aos centos de persoas que encheron as butacas do auditorio. Curiosamente á mesma hora, o cómico tamén aparecía na televisión nun programa gravado de Tu cara me suena de Antena 3.

O show que presentou en Pontevedra este divertido artista recreaba a máis de cen personaxes a través da prodixiosa voz do artista de Castelló.