As muiñeiras máis cabareteiras sorprenden ao público da Ferrería

Pontevedra
03 de agosto 2021

O espectáculo Fala-Me. Trad Cabaré de Nelson Quinteiro estreouse na noite deste luns 2 para pechar o ciclo 'Cabaré, cabaré!' ante numeroso público. Esta actuación cambiara de data debido ás chuvias do domingo

'Fala-Me. Trad Cabaré', de Nelson Quinteiro Mónica Patxot

O escenario da Ferrería acollía este luns o último espectáculo do ciclo 'Cabaré, cabaré!' dentro da programación das  Festas de Verán deste 2021. A estrea da montaxe 'Fala-Me. Trad Cabaré' estaba previsto para a noite do domingo pero as choivas obrigaron a aprazalo a este luns 3 de agosto

Numeroso público acudía ata a céntrica praza, adoptando as medidas sanitarias de seguridade, para seguir o show ofrecido pola compañía do artista Nelson Quinteiro, de Cangas do Morrazo, no que se combina a tradición galega coa provocación do cabaré.

Desta forma, sobre o escenario representábase un salón de baile galego dos anos 30 onde se escoitaron regueifas e parrafeos unidas a danzas e  contradanzas baixo unha iluminación que destacaba a sensualidade e o fetichismo da montaxe.

Ademais, a proposta de Nelson Quinteiro tamén permite comprobar o uso de máscaras ancestrais e instrumentos elaborados a medida, con vestiarios e complementos que buscan unha revisión da lingua e a cultura galega.