As 'Núbebes' volverán en 2014: o Concello confirma unha segunda edición do festival

Pontevedra
30 de setembro 2013

Tras dúas fins de semana cheas de actividade, o Festival das Núbebes chegou á súa fin. O seu éxito sorprendeu incluso ás concellerías de Benestar Social e Cultura, impulsoras desta iniciativa. E é que o primeiro festival de artes escénicas para bebés de 0 a 5 anos  que se crea en Galicia tivo unha acollida espectacular entre as familias "e especialmente polos máis pequenos, a quen estaba dirixido", destacou Carmen Fouces

Tras dúas fins de semana cheas de actividade, o Festival das Núbebes chegou á súa fin. O seu éxito sorprendeu incluso ás concellerías de Benestar Social e Cultura, impulsoras desta iniciativa. E é que o primeiro festival de artes escénicas para bebés de 0 a 5 anos  que se crea en Galicia tivo unha acollida espectacular entre as familias "e especialmente polos máis pequenos, a quen estaba dirixido", destacou Carmen Fouces.

As 30 actividades propostas polo Concello rexistraron "un cheo absoluto", de feito dende a Concellaría de Benestar quérese agradecer a paciencia das familias á hora de acceder ás actividades. Fouces recorda que o aforo era limitado porque os espectáculos estaban pensados para que todos os nenos asistentes puidesen participar deles, algo que non sería posible de ter auditorios máis amplos.

O Festival das Núbebes naceu con desexo de continuidade e a terá debido ao éxito desta primeira edición. "E porque así o amosaron as ganas de pais e nais, tamén dos nenos, por repetir esta experiencia e poder satisfacer a todas as persoas que non puideron acceder", sinalou a responsable de Benestar Social.

Carmen Fouces destacou tamén, no marco deste balance, que o Festival das Núbebes é "único" por estar pensado e dirixido aos máis pequenos da casa, e está inxerido dentro da oferta cultural "dunha cidade pensada para as persoas e, especialmente, para os nenos".