Ángel Santos xa ten lista a súa nova película. Dez anos despois de As altas presións, o director marinense estreará moi pronto Así chegou a noite, rodada integramente en Galicia.
Será no marco do Festival Internacional de Cine de Xixón, que celebrará a súa edición número 63 entre os días 14 e 22 de novembro.
En concreto, Así chegou a noite foi seleccionada pola dirección do certame para participar na sección oficial Albar, o corazón competitivo do festival xixonés.
Este filme, protagonizado por Denís Gómez e Violeta Gil, está producido pola compañía pontevedresa Matriuska Producciones, en colaboración con Maruxiña Filme Co, produtora do cineasta Alfonso Zarauz, e polos propio Santos, a través de Amateurfilms.
"O punto de partida deste proxecto é o desexo de indagar na noción de identidade e na necesidade de desconexión que hiperconectadas sociedades actuais", explica o director de Marín sobre este drama intimista.
En Así chegou a noite, Denís Gómez (Néboa, La ley dek mar) é Pablo, o escultor que protagoniza esta historia, que tras romper vínculo co seu pasado establece o seu taller nunha apartada zona rural da costa galega.
Alí coñece ao vixiante dun cámping (Miquel Insua, Operación Marea Negra), que lle servirá de guía nesta nova etapa vital, na que cortou contactos con amigos e familiares,
Pero Andrea (Violeta Gil), unha antiga noiva, acode ao seu encontro para saber que foi del e este reencontro faralle reformularse o seu desexo de illamento e a súa necesidade de huída.
Con esta película, Santos quixo abordar temas como o desexo, a identidade e a desconexión na era da hiperconexión virtual.
"O esforzo de ser un mesmo confróntase coa tentación da relaxación, do deixar de ser, un cuestionamiento da propia identidade que mesmo pode conducir á reivindicación extrema do dereito ao silencio, ao retiro", sostén Ángel Santos sobre esta historia.
Así chegou a noite marca o regreso ao cine do director galego despois de que, tras a estrea de As altas presións en 2014, decidise iniciar un período centrado na educación a través do cine e na programación de festivais, entre eles Novos Cinemas de Pontevedra.
A película, que ten a Analía G. Alonso como produtora executiva, conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e da Televisión de Galicia.
A súa rodaxe, que se prolongou durante máis de cinco semanas, levou a cabo durante a primavera de 2024 en distintas localizacións de Sanxenxo, Meaño e O Grove, especialmente na zona da Telleira, en Vilalonga, onde estaba ambientado o taller do protagonista.