Unha muller é executada en plena rúa, diante dunha comisaría policial. A vítima resulta ser Cristina Hidalgo, unha moza que levaba desaparecida desde facía vinte e sete anos. Por que a súa morte? e onde estivo as dúas últimas décadas?. Preguntas ás que terán que responder, entre outros, a inspectora Tania Bilbao e un novato no grupo de Homicidos, Arturo Yani.
Así arrinca esta novela, 'Atrapada en la oscuridad', que firma o escritor tarraconense Toni Sánchez Bernal. Tendo en conta que tamén é guionista e realizador, sabe perfectamente como agarrar aos seus lectores pola gorxa coa tensión precisa para ir pasando páxina a páxina como quen necesita respirar.
É a súa terceira publicación. A anterior levouna a librarías o ano pasado, 'Ofensa al frío'; mentres que a primeira, publicada en 2019, non era ficción: 'Morir, el último tabú'. Unha recompilación de entrevistas sobre a morte con representantes das principais relixións e correntes espirituais.
Escribe un texto para a literatura, non un guión para o audiovisual. Unha circunstancia da que fala desde a súa experiencia profesional: "vexo unha fame atroz entre novelistas de escribir coa fantasía de que inmediatamente se compren os dereitos e pase á pantalla. Paréceme lícito pero téñolle moito respecto á literatura. Si houbese visto que esta historia fose mellor como mini serie, serie, podcast, ou película, tivera escrito para ese proxecto. Do mesmo xeito que agora estou a mover un guión para unha longametraxe, son conciente que 'Atrapada en la oscuridad' é unha novela".
Cóntanos como foi tomando forma: "levaba anos escribindo notas soltas e non intuía que podían ser a mesma historia. Tamén cun personaxe, un policía novato e idealista que tiña que ser intachable no público; porque para min a novela negra é unha actualización da novela de cabalaría. Gustábame facerlle a pregunta de si é posible saír indemne da loita contra o mal. Un día paseando por Madrid vin unha papeleira chea de papeis manchados de sangue e de aí xurdiu outra idea que me serviu para esta novela e empezaron a encaixar todas as pezas do puzzle que tiña".
Preguntámoslle igualmente no podcast 'Cara a cara' polos personaxes, que a priori se van perfilando profesionalmente e ocupan toda a súa dimensión cando os desenvolve persoalmente: "gústame explicar algo que nos pasa a todos. E é que en paralelo, temos a nosa vida persoal e profesional. Imaxina un personaxe cuxa vida está a ser arrasada no persoal e ao tempo ten que investigar un crime mastodóntico e complicado".
'Atrapada en la oscuridad' leva encartado unha chiscadela a outro escritor, unha homenaxe como el sinala, a Fernando Aramburu, extraído do seu libro 'El trompetista del Utopía'.
Ao ingrediente thriller acompáñalle outra subtrama que fala de exercer o poder, de controlar ao poder e de facer... xustiza?. Parágrafos que por momentos, o público lector diría que están extraídos da máis presente actualidade. "Que tristeza que sexa tan actual!", lamenta, porque Sánchez Bernal escribiu o primeiro borrador antes de terminar 2024 "e non pensei que ía ter tanta vixencia cando se publicase a novela".
Non se pode pasar por alto durante a conversación do podcast o que pasa por baixo. Por baixo de Madrid, que é un escenario fundamental desta novela: "hai un elemento que é ficción pura e dura, pero o 95% é real". Así que ollo... ao que non se ve.