A Azucreira acollerá o primeiro Festival Folclórico de Portas

Umia
08 de maio 2025

Terá lugar este domingo coa participación do Grupo de Danzas Amor Ruibal, Asociación Cultural Madia Leva, Asociación de Mulleres Rurais “Nogueira”, Grupo Os Peta Portas e unha actuación sorpresa

Antiga Azucreira de Portas Turismo Rías Baixas

O alcalde, Ricardo Martínez, e a concelleira de Cultura, Ana Peña, presentaron o primeiro Festival Folclórico de Portas.

Terá lugar na Azucreira o domingo 11 de maio a partir das 18:30 horas para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Participarán o Grupo de Danzas Amor Ruibal, Asociación Cultural Madia Leva, Asociación de Mulleres Rurais "Nogueira", Grupo Os Peta Portas e unha actuación sorpresa.

Ricardo Martínez salientou a importancia deste evento que será unha das actividades que se celebren no concello durante o "Mes das Letras Galegas".

Este festival concentrará no Auditorio de Portas a todo un elenco de grupos folclóricos da contorna que amosarán ao público asistente diversas pezas musicais e de baile tradicional galego.

Presentación do primeiro Festival Folclórico de Portas

Martínez indicou que o Festival Folclórico de Portas "é unha aposta clara polas nosas letras, a nosa xente, pola nosa cultura e pola nosa música xa que ademais de reivindicar o noso idioma queremos favorecer o encontro entre distintas agrupacións culturais e musicais que teñen como nexo común a recuperación, divulgación e promoción do noso folclore e da lingua galega".

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Ana Peña, agradeceu a colaboración de todos e cada un dos grupos que participarán neste Festival Folclórico e sinalou que "este espectáculo representa o compromiso do Concello de Portas coa lingua galega e coa nosa cultura". 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora