Baobab Teatro estrea "Ás para Álex", o seu novo espectáculo, no Salón do Libro

Pontevedra
24 de abril 2021

A compañía pontevedresa Baobab Teatro estreará este domingo o seu novo espectáculo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Trátase de Ás para Álex, que se representará no auditorio do Pazo da Cultura este domingo 25 de abril, ás 12:30 e ás 19:00 horas

"Ás para Álex", de Baobab Teatro
"Ás para Álex", de Baobab Teatro / Baobab Teatro

A compañía pontevedresa Baobab Teatro estreará este domingo o seu novo espectáculo no Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Trátase de Ás para Álex, que se representará no auditorio do Pazo da Cultura este domingo 25 de abril, ás 12:30 e ás 19:00 horas.

En Ás para Álex, Baobab presenta ao público infantil a historia dun neno ao que lle encanta correr, xogar e quedar cos amigos, pero de repente o seu corpo deixa de responderlle. Grazas a unha amiga, que o trata con coidado e cariño, aprenderá a adaptarse á súa nova situación.

Para este espectáculo de monicreques, a compañía contará coa actriz pontevedresa Cora Velasco e co actor Xosé Manuel Esperante, que serán os encargados de escenificar a historia.

O guión da obra é de Andrea Bayer, que tamén dirixe este espectáculo xunto a Óscar Ferreira, responsable da escenografía. O son e a iluminación corren a cargo de Daniel Abalo.

Este espectáculo ten unha duración de 45 minutos e está recomendado para nenos e nenas a partir dos cinco anos.

Arquivado en