Belas Artes explora vías de colaboración coa universidade máis antiga de Camboxa

Pontevedra
24 de abril 2019

O reitor da Royal University of Fine Arts de Camboxa, Sophady Heng, e tres responsables máis desta universidade visitaron este martes a Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra, co fin de "atopar proxectos nos que poidamos colaborar para mellorar a formación que ofrecemos aos nosos alumnos", segundo explicou o reitor camboxano. 

Os representantes da Royal University of Fine Arts visitan as instalacións pontevedresas Duvi

O reitor da Royal University of Fine Arts de Camboxa, Sophady Heng, e tres responsables máis desta universidade visitaron este martes a Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra, co fin de "

Ambos centros forman parte do consorcio de Cartes, unha iniciativa promovida pola ESAD Antonio Faílde de Ourense na que participan un total de 23 facultades e escolas de arte, artes aplicadas e música.

A motivación deste consorcio é a de establecer un primeiro contacto entre centros de ensinanza españois e de fóra da Unión Europea para "destruír os mitos diferenciais da cultura e educación por continentes e países, dar a coñecer o mellor da práctica docente e asimilar e humanizar os puntos de vista dos sistemas académicos de forma que se faga un conxunto mixto que unifique a expansión da cultura no século XXI a través do mundo audiovisual".

Neste contexto, 

Durante a estadía, os responsables das institucións pontevedresas informaron aos camboxanos sobre as titulacións que se imparten no campus de Pontevedra e o seu proxecto de especialización, e formularon posibles acordos e proxectos, "

Así mesmo, Sophady Heng presentoulle aos membros da xuntanza a universidade máis antiga de Camboxa, a Royal University of Fine Arts, na que se poden cursar estudos de grao de artes, arquitectura, arqueoloxía, música e artes visuais.