Ca7riel & Paco Amoroso revolucionan un PortAmérica que bailou até a madrugada con Mikel Izal, Siloé ou Recycled J

Umia
04 de xullo 2025
Actualizado: 12:09

O dúo arxentino, toda unha revolución na música urbana, mostraron por que se converteron en todo un fenómeno. PortAmérica continúa este venres con Emilia, Love of Lesbian ou Molotov

Ca7riel & Paco Amoroso, na primeira xornada do PortAmérica 2025
Ca7riel & Paco Amoroso, na primeira xornada do PortAmérica 2025 / Cristina Saiz

Había ganas de PortAmérica. Queda claro vendo os miles de persoas que este xoves, primeira xornada da décimo terceira edición do festival, encheron o recinto da Azucreira de Portas.

A medida que o público ía chegando foron dous artistas emerxentes, Javier Lekker e Taïn, os encargados de romper o xeo no festival e, xunto á banda uruguaia de rock No te va a gustar, protagonizaron un arranque á altura das expectativas.

O 'indie' pediu pasou con Siloé, un grupo que co paso do tempo está a demostrar que xa xoga nas 'ligas maiores'; e, sobre todo, cun Mikel Izal que, xa en solitario, segue tendo o mesmo tirón do que gozaba a súa anterior banda.

Os primeiros protagonizaron un dos momentos máis emotivos do festival. Un dos seus integrantes, o batería Jacobo Betanzos, natural de Caldas de Reis, puido saudar desde o escenario á súa familia, incluída a súa avoa de 103 anos que estaba entre o público.

Pero, sen dúbida, os que revolucionaron este primeiro día do festival, xusto despois de actuar uns clásicos da música mexicana, Los Tigres del Norte, foron Ca7riel & Paco Amoroso.

Mikel Izal, na primeira xornada do PortAmérica 2025
Mikel Izal, na primeira xornada do PortAmérica 2025Cristina Saiz

O dúo arxentino, toda unha revolución na música urbana, mostraron desde o escenario da Azucreira por que se converteron en todo un fenómeno, fusionando de maneira maxistral o trap experimental, o hip hop, a electrónica ou o pop.

Temas como Dumbai, El único, El día del amigo ou #Tetas fixeron as delicias dun público entregado desde o primeiro momento a estes dous amigos, que non deron nin un respiro cunha posta en escena que deixou sen alento a máis dun.

Tras eles, o público do PortAmérica puido bailar até altas horas da madrugada coas propostas de La La Love You e Veintiuno e co rapeiro Recycled J, o encargado de pechar os concertos do xoves.

A maiores, sendo xa todo un clásico do festival, os DJ de La Duendeneta animaron ao público desde o seu propio espazo, ofrecendo un ambiente aos que non quixeron parar nin un segundo.

E si imbatible foi a oferta musical neste arranque do festival, non menos o foi o acendido dos fogóns no ShowRocking, o espazo gastronómico capitaneado polo pontevedrés Pepe Solla.

Jordi Roca, na primeira xornada do PortAmérica 2025
Jordi Roca, na primeira xornada do PortAmérica 2025Cristina Saiz

Foi cos petiscos que prepararon cociñeiros e cociñeiras da talla de Andrea Lago & Alberto López, Lara Roguez, Martín Vázquez, Paco Pérez, Alba Aguiar & Alex Falcón, David García, Vasco Coelho Santos, Antonio Arrabal, Gonzalo Pose, Iago Pazos e Jordi Roca.

PortAmérica continuará este venres 5 cos concertos de:

  • 17:30 horas. Martina Dirosso
  • 18:00 horas. Inazio
  • 18:30 horas. Orquesta Son das Flores
  • 18:45 horas. Merino
  • 20:00 horas. Marisa Valle Roso
  • 21:00 horas. Iván Ferreiro
  • 22:00 horas. Emilia
  • 22:00 horas. La Duendeneta + DJs
  • 23:15 horas. Love of Lesbian
  • 00:45 horas. Molotov
  • 02:00 horas. Alcalá Norte
  • 03:00 horas. Barry B

Albert Adriá, Iván Cadena, María Teresa Vélez, Vicky Sevilla, Alberto Molinero, Iván Cerdeño, Alberto Lareo, José Carlos García, María Adelaida, Janaina Torres e Irene Amat (pastelaría) estarán, pola súa banda, nos fogóns do ShowRocking.