Cancelada a oitava edición do Festival das Núbebes

Pontevedra
11 de setembro 2020

O evento de artes escénicas para bebés e familias estaba previsto do 18 ao 27 de setembro en diferentes espazos da cidade. A decisión foi tomada por mor da situación sanitaria actual e con ánimo de evitar os desprazamento entre localidades

Festival das Núbebes
Festival das Núbebes / Cristina Saiz

O Concello de Pontevedra anunciou este venres de maneira oficial a cancelación da que ía ser a oitava edición do Festival das Núbebes.

A decisión tomouse debido á situación sanitaria actual, co ánimo de evitar que se produzan desprazamentos entre localidades.

O Festival das Núbebes tiña prevista a súa celebración os días 18, 19, 20, 26 e 27 de setembro en diferentes espazos da cidade, sendo un evento que afacía atraer a público chegado desde diferentes puntos de Galicia.

O evento de artes escénicas para bebés e familias tíñase adaptado para cumprir con todas as medidas de seguridade, incluída unha importante redución de aforo.

"Dada a situación actual pensamos que cancelalo é o máis prudente. Se somos responsables, e fago un chamado a que así sexa, pronto poderemos recuperar este festival e levar a cabo a próxima edición en boas condicións", explicou respecto diso a concelleira de Cultura, Carmen Fouces.