Cando o son é o centro da investigación artística, Vertixe Sonora Ensemble

Pontevedra
06 de novembro 2013

O ciclo Do Audible chegou á Facultade de belas Artes de Pontevedra cunha proposta musical ao redor da natureza e coa colaboración do escultor Fernando Casás

Vertixe Sonora Ensamble
Vertixe Sonora Ensamble

A música en diálogo coa arte, coa ciencia e co pensamento contemporáneos é o eixo arredor do que se configura Do Audible, unha proposta de Vertixe Sonora Ensemble e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O ciclo que arrancou en xuño na Coruña e Ourense, chegou á Facultade de Belas Artes cun programa musical ao redor da natureza titulado "O son natural".

O concerto contou coas explicacións divulgativas e amenas do musicólogo Emilio Lede e a participación do escultor Fernando Casás, cuxa obra é un exemplo dos vínculos artísticos coa contorna natural.

Vertixe Sonora interpretou pezas de compositores tan novos como recoñecidos: Esaias Järnegard , Alexander Khubeev, Jose María Sánchez Verdú  e Jacobo Gaspar. Precisamente este último, nacido no concello de Mos en 1975, ven de recibir o Premio Especial e o Premio do Público no prestixioso Premio internacional de Composición Isang Yun 2013.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora