Carlos Blanco abre o Festival do humor que se desenvolverá os venres de outubro no auditorio de Vilagarcía

O Salnés
30 de setembro 2013

A entrada custa 7 euros e os bonos para as catro actuacións aínda se poden mercar a 20 euros no pub Hibernia e no café Café

O Auditorio Municipal acolle o venres, a primeira das catro actuacións prevista para este mes de outubro dentro do Festival de Humor de Vilagarcía. O encargado de abrir esta divertida proposta lúdica é Carlos Blanco, un actor, monologuista e humorista, máis que coñecido na súa vila natal, pero que sempre sorprende coa súa característica forma de facer rir e de promover a crítica. O espectáculo comezará ás 21 horas e a entrada custa 7 euros.

Carlos Blanco acaba de chegar de Madrid onde mantivo en cartel durante varias semanas o seu último espectáculo, nada menos que no teatro Colón, onde sementou un notable éxito de público.

As entradas para asistir á representación do venres pódense mercar de xeito anticipado a través de servinova ou chamando ao teléfono 902504500 e o mesmo día da actuación na billeteira do Auditorio de 19 a 21 horas.

Por outro lado, aínda se poden mercar os bonos para asistir as catro actuacións do Festival do Humor ao prezo reducido de 20 euros, neste caso no pub Hibernia e no café Café. O bono non é nin persoal nin intransferible, polo que pódese comprar entre varias persoas e repartir a asistencia aos espectáculos. Ademais destas facilidades, a promotora tamén sorteará entre as persoas que adquiran os bonos unha noite de aloxamento para dúas persoas no Hotel NH da Coruña, de catro estrelas.