Carlos Blanco e Luís Davila repiten con éxito o seu 'Menú da noite' no Pazo da Cultura

Pontevedra
22 de outubro 2017

A terceira cita do ciclo Summum Teatro aterrou este domingo por partida dobre en Pontevedra, con dúas funcións do espectáculo 'Menú da noite' que protagonizan o cómico Carlos Blanco e o debuxante Luís Davila

Carlos Blanco e Luís Davila protagonizan 'Menú da Noite' no Pazo da Cultura
Carlos Blanco e Luís Davila protagonizan 'Menú da Noite' no Pazo da Cultura / Diego Torrado

Tan positiva resultou a parada de 'Menú da noite' en Pontevedra en 2016, que Summum Teatro apostou por repetir este domingo a fórmula.

O espectáculo protagonizado polo cómico Carlos Blanco e o debuxante Luís Davila foi este domingo, por partida dobre, a terceira cita do ciclo teatral que se celebra no Pazo da Cultura.

O público pontevedrés acudiu en bo número a gozar da mestura de enxeño e arte que propón o dúo, nunha viaxe a Broadway pero "cos sachos", tal e como reza a promoción do espectáculo, e algunha novidade con respecto ao pasado ano.

Gargalladas apoiadas na oratoria de Blanco e na imaxe que achega o Davila cos seus debuxos improvisados, cunha banda sonora con música de Budiño e Kepa Junquera.

A próxima cita do ciclo Summum Teatro terá lugar o 28 de outubro con 'Nagare', do Circle of Trust-Logela Multimedia. É un espectáculo que combina danza e tecnoloxía.