Catro grupos galegos encherán de ritmo a Praza do Teucro na segunda edición de Brinca na Praza

Pontevedra
28 de agosto 2014

Os concertos das catro bandas de rock en galego celebraranse este venres 29 e sábado 30 de agosto a partir das 22:00 horas

O Caimán do río Tea
O Caimán do río Tea / O Caimán do río Tea

A segunda edición do festival Brinca na Praza chega esta fin de semana para encher de ritmo e cor a pontevedresa Praza do Teucro.

Nesta ocasión serán catro os grupos de rock en galego que se subirán ao escenrio lerezano dentro da programación das Festas de Verán na que é última actividade programada antes da Feira Franca.

Este venres, dende as 22:00 horas, A Banda do Terror, grupo que versiona cancións galegas de rock e de bravú, e Familia Caamagno, que presentará o seu EP Hai que andar cos tempos, iniciarán o festival.

O sabádo á mesma hora será a quenda no escenario da Parza do Teucro para os pontevedreses Frenaso no Calsonsillo e para O Caimán do Río Tea.