Cedofeita recolle nunha exposición os hórreos da parroquia de Lérez

Pontevedra
05 de agosto 2017

A Asociación Sociocultural Cedofeita presentou a exposición "Palleiras de Lérez, despensas tradicionais do agro" na que exhibe duascentas imaxes de hórreos da parroquia. A mostra poderá visitarse no mosteiro de Lérez ata o próximo día 8

Cedofeita recolle nunha exposición os hórreos da parroquia de Lérez Cristina Saiz

A Asociación Sociocultural Cedofeita presentou a exposición "Palleiras de Lérez, despensas tradicionais do agro" na que exhibe duascentas imaxes de hórreos da parroquia.

A mostra poderá visitarse no mosteiro de Lérez ata o próximo día 8.

As concelleiras Carmen Fouces e Pilar Comesaña participaron este venres xunto aos veciños de Lérez na inauguración desta exposición conformada por 12 paneis explicativos.

A exposición abre as súas portas de 11 a 14 e de 19 a 22 horas.