Cerdedo-Cotobade apoia a candidatura de Antón Fraguas como homenaxeado das Letras Galegas 2018

Cerdedo-Cotobade
15 de xuño 2017

O presidente, Jorge Cubela, fixo unha declaración institucional por mor do proceso de elección aberto pola Real Academia Galega. Antón Fraguas, Fillo Predilecto de Cotobade, conta cunha vasta bibliografía na que abordou aspectos literarios, sociais, culturais, biográficos, costumistas, xeográficos e relixiosos

Busto de Antón Fraguas
Busto de Antón Fraguas

Jorge Cubela, presidente do Concello de Cerdedo-Cotobade, realizou unha declaración institucional apoiando a candidatura de Antón Fraguas como escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2018 pola Real Academia Galega.

O escritor nado en Loureiro en 1905 e falecido en Santiago de Compostela na 99 conta, segundo o Concello, cunha traxectoria, vida, obra e inquietudes que lle fan acredor da máxima distinción das letras galegas.

Fraguas é Fillo Predilecto de Cotobade e conta cunha vasta obra bibliográfica na que abordou aspectos literarios, sociais, culturais, biográficos, costumistas, xeográficos e relixiosos.

O autor xa logrou o Pedrón de Ouro, a Medalla Castelao e os Premios Otero Pedrao e das Artes e das Letras de Galicia. Cubela indica que o goberno local ha promocionado a súa figura a través da ruta paisaxística-cultural que popularmente levar o seu nome, ademais de apoiar o certame literario homónimo e consguir integrar ao Concello como patrón da Fundación Antón Fraguas para achegar na difusión do seu legado en 2015.