'Cerdedo-Cotobade en Sons' traerá a Budiño, Luar na Lubre, Minguante, Óscar Ibáñez e A Roda

Cerdedo Cotobade
14 de xullo 2025

Esta IV edición contará tamén coa actuación da Banda de Música de Cerdedo e Antón Barros, "Pa ti na ma" e Ailá

Concerto de Luar na Lubre en Santa María de Sacos
Concerto de Luar na Lubre en Santa María de Sacos / Concello de Cerdedo-Cotobade

O alcalde de Concello de Cerdedo-Cotobade,  Cotobade, Jorge Cubela, presentou a IV edición de 'Cerdedo-Cotobade en Sons', un proxecto municipal que busca achegar espectáculos musiciais galegos de alto nivel ao conxunto da veciñanza espallada polo territorio.

Este ano terá como protagonistas a Budiño, Luar na Lubre, Minguante, Óscar Ibáñez, A Roda, a Banda de Música de Cerdedo e Antón Barros, "Pa ti na má", Ailá e o Areabesta Festival.

A primeira das actuacións do programa "Cerdedo-Cotobade en Sons" estará protagonizada polo gaiteiro Xosé Manuel Budiño que actuará o vindeiro sábado 19 de xullo ás 22:15 horas en Pedre.

O seguinte será o grupo Luar na Lubre que estará o xoves 24 de xullo en Cerdedo a partir das 22:30 horas.

O último espectáculo no mes de xullo será o protagonizado por un concerto da Banda de Música de Cerdedo e Antón Barros que terá lugar o 27 de xullo ás 21 horas en Cerdedo.

O 7 de agosto, a partir das 21 horas, en Caroi haberá un concerto de Minguante para o día 14 de agosto, ás 22 horas, continuar en Carballedo "Pa ti na má" con outra actuación.

O sábado 16 de agosto ás 22 horas en Vilanova de Tenorio actuará o gaiteiro Óscar Ibáñez e o sábado 23 de agosto ás 21 horas celebrarase o Areabesta Festival.

En setembro, concretamente o luns día 8 ás 22 horas, actuará o mítico grupo A Roda en Aguasantas e rematará o amplo abano de actividades musicais do programa "Cerdedo-Cotobade en Sons" un concerto de Ailá en Tenorio que terá lugar o sábado 13 de setembro ás 20 horas.

Segundo manifestou o alcalde, Jorge Cubela, "cada ano intentamos cambiar moitos dos lugares e parroquias" onde se celebran este tipo de espectáculos "co fin de que todos eles se acaben beneficiando deste programa".

"Pretendemos achegar a cultura e a música de calidade á maior parte do noso territorio porque queremos que así sexa e que todos os nosos veciños teñan as mesmas posibilidades de acceder a unha actuación de alto nivel na súa parroquia", manifestou o rexidor.