Afundación presenta na súa sede de Pontevedra a ópera 'El barbero de Sevilla'. Esta representación levarase a cabo o 5 de marzo ás 19:00 horas.
A trama baséase nos sucesos que ocorren entre dous namorados, o conde de Almaviva e a moza Rosina, que queren casar. Con todo, teñen que enfrontarse a outro pretendente que quere contraer matrimonio coa moza porque desexa obter a súa fortuna. Para evitalo pídenlle axuda ao barbeiro Fígaro, que consegue que se produza o casamento, enganando a Don Bartolo.
Esta ópera é divertida, áxil e enxeñosa e conta cunha gran elenco de intérpretes. As persoas que forman parte desta representación son: as sopranos galegas Susana García e galega Emilia Pérez, como Rosina e Berta; co barítono Axier Sánchez, no rol de Fígaro; o tenor Caio Duran, representando ao conde de Almaviva; Yurii Dubidar interpreta ao Doutor Bartolo, o baixo ucraíno Sergii Uzun como don Basilio, e o baixo-barítono Álex Guillén como Fiorello.
Todo este elenco está acompañado polo coro e a orquestra LGAM de Leonor Gago Artist Management e diríxeos José Escandell.
As persoas que estean interesadas en asistir, teñen a posibilidade de adquirir as entradas anticipadas na web Ataquilla.com