Cinco bandas 'quentan' un Surfing The Lérez que vive este sábado o seu día grande

Pontevedra
18 de xuño 2016

Cinco bandas foron as encargadas de animar o primeiro día do Surfing the Lérez cunha oferta moi variada. Así, Los Chavales, The Limboos, The Phantom Keys, Samesugas e os pontevedreses Tractor Troy foron os primeiros en subir ao escenario da Illa das Esculturas

Primeira xornada do Surfing The Lérez 2016
Primeira xornada do Surfing The Lérez 2016 / Mónica Patxot

Xa está aquí o Surfing the Lérez. Cunha sesión vespertina na tarde do venres deu comezo a sexta edición deste festival, este ano máis galego ca nunca.

Cinco bandas foron as encargadas de animar o primeiro día do Surfing the Lérez cunha oferta moi variada. Así, Los Chavales, The Limboos, The Phantom Keys, Samesugas e os pontevedreses Tractor Troy foron os primeiros en subir ao escenario da Illa das Esculturas.

Centos de personas achegáronse ata o recinto habilitado na zona para gozar deste aperitivo de cara á xornada grande deste sábado.

A partir das 12.15 horas, serán trece bandas as que amenicen o festival máis familiar dos que se celebran nas Rías Baixas.

  • 12.15 horas: Antifrágil
  • 12.50 horas: Jhonander
  • 13.35 horas: The Phantom Dragsters
  • 14.20 horas: Agoraphobia
  • 15.10 horas: Igloo
  • 16.00 horas: Thee Blind Crows
  • 16.55 horas: Dixie Town
  • 17.45 horas: Eladio y los seres queridos
  • 18.40 horas: Arturo Delgado
  • 19.35 horas: Atención Tsunami
  • 20.30 horas: Terbutalina
  • 21.30 horas: Novedades Carminha
  • 22.40 horas: Familia Caamagno

 

Toda esta intensa oferta musical compleméntase cunha zona infantil para os máis pequenos onde se ofrecerán, entre outras actividades, unha master class de DJ, contacontos, un taller de grafiti, teatro e concertos adaptados para o público máis novo.

Haberá tamén unha post-festa en El Pequeño, a partir das doce da noite, e na Sala Karma desde as tres da madrugada.

Surfing the Lérez aumentará ademais a oferta gastronómica cunha maior presenza de food-trucks e máis variedade de produtos -incluída comida apta para celiacos-. 

A entrada ao Surfing the Lérez seguirá sendo gratuíta, pero pídense doazóns de alimentos non perecedoiros ou produtos de primeira necesidade que serán entregados posteriormente á Rede Axuda. O pasado ano reuníronse catro toneladas de alimentos. Para esta edición, os organizadores piden que se prioricen produtos como leite, cacao, café, pasta, arroz, latas de conservas e cueiros, entre outros.