Cinco novas bandas e artistas poñen o broche de ouro ao ciclo Paseantes

Pontevedra
21 de xullo 2019

O centro urbano de Pontevedra converteuse, por segunda xornada consecutiva, nun improvisado escenario para que cinco bandas e artistas protagonizasen todo un itinerario musical

Actuación no ciclo Paseantes 2019
Actuación no ciclo Paseantes 2019 / Cristina Saiz

O centro urbano de Pontevedra converteuse, por segunda xornada consecutiva, nun improvisado escenario para que cinco bandas e artistas protagonizasen todo un itinerario musical. 

Os concertos comezaron coa actuación de Carla Green & The Demons, que animaron a sesión vermú en Santa María.

O público puido gozar tamén da música de Blues do País e Vudú na praza de Curros Enríquez e de Patricia Moon e The Teta's Van na rúa Bastida.

Con eles, o ciclo Paseantes despediuse ata o próximo ano.