O Concello de Cuntis presenta 'Circo na casa', un espectáculo que se realizará o martes 7 de marzo no Centro Sociocultural "Patelas" ás 18:00 horas.
A duración da función é de 45 minutos e está dirixida a todos os públicos. Esta obra está producida por
Trátase dun espectáculo de clown e circo. Este tipo de teatro utiliza un método de actuación que se focaliza no universo do pallaso. Esta obra céntrase en que os roles das mulleres e os homes non están claros.
Expoñen que hai que repartir as tarefas domésticas e que non son aburridas. "Pero, son tan fáciles como parecen? Con moitas torpezas e humor seguro que este circo ten arranxo."
As persoas interesadas en ir ao espectáculo terán a posibilidade de asistir de forma gratuíta.