PODCAST. Borja Cobeaga fará segunda tempada da serie 'Su Majestad' mentres que Anna R. Costa pásase ao "drama total"

Pontevedra
15 de outubro 2025
Actualizado: 27 de novembro

Son dous guionistas e directores recoñecidos en comedia. Algunhas das súas criaturas: 'Ocho apellidos vascos' ou 'Arde Madrid'. Ambos participaron nun coloquio da programación especial organizada con motivo dos próximos Premios Feroz en Pontevedra. Tamén mantiveron un intre de charla no podcast 'Conversas na Ferrería' de PontevedraViva Radio

Os directores e guionistas Anna R. Costa e Borja Cobeaga
Os directores e guionistas Anna R. Costa e Borja Cobeaga / PontevedraViva

Anna Rodríguez Costa e Borja Cobeaga, son os dous guionistas e directores que acaban de pasar unhas horas en Pontevedra con motivo da programación que acompaña aos próximos Premios Feroz. Os seus máis aplaudidos proxectos enmárcanse na comedia.

Ela con títulos como 'Arde Madrid' e 'Fácil'. El ten xunto a Diego San José o seu gran éxito de guión en 'Ocho apellidos vascos', logo foron sumando acertos, como a serie 'Su Majestad', que como anuncia Cobeaga no podcast 'Conversas na Ferrería', vai ter unha segunda tempada.

Así que abrimos o faladoiro coa comedia, o humor sobre a mesa. Un xénero sobre o que lles expomos unha cuestión: por que en despacho de billetes ou en audiencias hai tantos títulos que arrasan, pero en premios ou recoñecementos en festivais pasan desapercibidos?. Resumindo, e tirando do humor dun vasco: "non se pode estar a cogomelos e a Rolex".

Os actores adoitan dicir que é máis difícil facer reir que facer chorar ao público. Eles interpretan o que previamente escribiu un guionista, así que tamén é máis difícil para estes?. "Falar de comedia é un abano tan grande... non é o mesmo, imaxina unha película como 'Aterriza como puedas', que 'El verdugo' ", coinciden.

"Traballei os dous ámbitos desa comedia, máis comerciais ou máis persoais; e se cadra para min é moito máis complicado escribir unha comedia onde teña a esixencia de meter tres chistes por frase que facer unha comedia persoal", precisa Cobeaga. Costa engade que "a comedia é unha mirada de quen a escribe sobre a vida, sobre os feitos que ocorren. É o que di Borja, ten o risco de non saber si isto que eu estou a escribir con esta intención vaina a ter".

Se mírase a traxectoria do donostiarra, en 2003 xunto a Óscar Terol embarcouse en 'Vaya semanita' un programa semanal para a ETB con sketches que ninguén se atreveu, ou puido facer até entón. Máis tarde viría 'Fe de etarras' e coa serie 'Su Majestad' volve entrar onde ninguén entrara antes: axuntar a sátira coa monarquía española. Ponse algunha fronteira ou é como un trapecista sen rede?. "Interésanme os temas que non se abordaron. A verdade é que non vivín ningunha experiencia onde diga, foder aquí pasámonos tres pobos!", responde.

No caso de Anna Rodríguez utilizou a comedia (a serie 'Fácil') para mostrar a catro chicas con diversidade funcional que deciden independizarse xuntas nun mesmo piso de Barcelona. " 'Fácil' viña dunha novela que é moito máis salvaxe que a propia serie. As persoas que eu coñecín no proceso de investigación para escribir a serie, ri ti das cousas que se din entre eles!, non ten nada que ver co que Anna Castillo dicíalle ás súas compañeiras".

Estes proxectos últimos dos que falan forman parte do repositorio de M+. As plataformas de streaming de contido audiovisual convertéronse en crecente nicho de traballo para o sector, segundo actores e actrices. Así que lles expomos a estes dous guionistas se con eles resulta igualmente positivo. E falando de actores, ambos coincidiron con Anna Castillo, sobre a que lles preguntamos da súa experiencia profesional.

Xorden durante a charla outros nomes, como o de Ramón Barea ou Diego San José. Si xa queda sinalado que haberá segunda tempada de 'Su Majestad', Anna Costa cambiará de rexistro totalmente e sen poder precisar máis detalles, si que avanza que no seu seguinte proxecto pásase ao "drama total".

Arquivado en