Comeza unha fin de semana coa música galega inundando a contorna da Alameda no Galegote Rock

Pontevedra
28 de maio 2021

Na xornada inaugural actúan desde as 19.00 ata as 23.00 horas Su Garrido, TNT Band, Moucho e Monoulious Dop nas escaleiras das Palmeiras e no Palco da Alameda. Escenarios polos que pasarán grupos e solistas interpretando temas en lingua galega durante o sábado e o domingo na novena edición deste festival

Xornada inaugural do Galegote Rock 2021
Xornada inaugural do Galegote Rock 2021 / Mónica Patxot

A música con letras galegas xa está a espallarse polo centro da cidade na novena edición do festival Galegote Rock. A cantautora Su Garrido foi a encargada da primeira actuación deste ano e interpretaba nas escaleiras das Palmeiras a súa proposta de temas intimistas e sentidos, co único acompañamento da súa guitarra.

Tras a súa actuación chegou a quenda para TNT Band no Palco da Música da Alameda. Esta banda de rock and roll amosa forza e unha liña de son clara e directa. A partir das 21.00 horas chega o momento de Moucho, un grupo que se achega ao blues, o soul e o folk relacionando estes estilos co son galego. E para rematar a xornada, Monoulious Dop ofrece a súa particular visión musical a través dun dúo creativo que naceu en 2012 como proxecto musical exclusivo para internet e que foi evolucionando cos anos.

A música en galego continuará durante toda a fin de semana con esta programación:

Sábado 29 de maio

13:00 horas. Escaleras das Palmeiras: Arturo Delgado
14:00 horas. Palco da Alameda: Peña
19:00 horas. Palco da Alameda: Zeltia Irevire
20:00 horas. Escaleras das Palmeiras: Noiteaka + 2Pasos
21:00 horas. Palco da Alameda: O Cadelo Lunático
22:00 horas. Escaleras das Palmeiras: Lume


Domingo 30 de maio

13:00 horas. Palco da Alameda: Pauliña
14:00 horas. Escaleras das Palmeiras: A Rabela
19:30 horas. Escaleras das Palmeiras: Desjobernaos
20:30 horas. Palco da Alameda: Los Rastreadores
22:00 horas. Escaleras das Palmeiras: Laura Lamontagne & Pico Amperio