Concerto da Banda de Música de Salcedo e da Coral Polifónica para celebrar o Nadal este venres 23

Pontevedra
21 de decembro 2022

A Asociación Músico-Cultural San Martiño organiza este concerto no Pazo da Cultura de Pontevedra a partir das 20.00 horas do día 23 de decembro. A entrada é libre ata completar a capacidade do auditorio

Intérpretes da Banda de Música de Salcedo
Intérpretes da Banda de Música de Salcedo / Asociación Músico-Cultural San Martiño de Salcedo

A Asociación Músico-Cultural San Martiño, como é tradición, celebra este venres 23 de decembro, a partir das 20.00 horas, no Pazo da Cultura o concerto para festexar o Nadal. Participarán a Banda de Música de Salcedo e a Coral Polifónica.

A agrupación coral de Salcedo interpretará, acompañada por un quinteto de clarinetes da Banda de Música, as seguintes pezas: Ding, dong merrily on high; Cu cú; Canto de berce; Brincar e bailar; e Joy to the word.

A continuación, a Banda de Música de Salcedo ofrecerá un recital con pezas como a abertura de Pique Dame, de Franz von Suppé, con arranxos de Daniel Martín; e o Concerto for Bb clarinet and wind orchestra, de Rimski-Korsakov. A solista Carlota Rodríguez Castro, gañadora do quinto Concurso de Novos Intérpretes da Escola de Música de Salcedo, intervirá como clarinete solista.

Dentro do programa tamén se inclúen Waltz nº 2 from suite for stage orchestra, de Shostakóvich, con arranxos de James Curnow; e The typewriter, de Leroy Anderson, con arranxos de Hans van der Heiden; con percusión solista a cargo de Óscar Xusto Villanueva.

A sesión finalizará coa interpretación con Symphonic highligths from frozen, con arranxos de Stephen Bula e A most wonderful christmas, con arranxos de Robert Sheldon.

A entrada é libre ata completar a capacidade do auditorio do Pazo da Cultura.