Concerto das pontevedresas Mushu como aperitivo ao Galegote Rock

Pontevedra
24 de marzo 2017

O festival de grupos que cantan en galego celebrarase o 29 de abril, pero xa hai actuacións previas para os días 20, o 27 e 28 de abril. Este venres, a agrupación formada por nenas de 11 e 12 anos xa ofrecía un anticipo do que se poderá escoitar o vindeiro mes

Concerto de Mushu /

O Galegote Rock chega a súa sexta edición mantenendo a súa liña de promocionar a grupos de diferentes estilos con letras en língua galega. A primeira das citas musicais tiña lugar este mesmo venres desde as 18.00 horas na Casa da Luz.

Alí, o grupo pontevedrés Mushu, formado por alumnas dos mestres Gayoso e Gonzalo Maceira, promotor dos Furious Monkey House, presentaban os seus temas como anticipo do que se poderá ver durante os días 27, 28 e 29 de abril en distintos locais e espazos do centro histórico da cidade con entrada libre. 

Nesta edición participan 13 grupos e unha das principais novidades será a venda dunha cervexa de edición especial para o Galegote Rock, que se presentará o 20 de abril. Ese mesmo día haberá outro adianto musical coa actuación de Arturo Delgado "Querido Extraño" en The Basset Beer Club. O músico pontevedrés ofrecerá diferentes estilos desde o rock ao folk nun concerto acústico.

O xoves 27 de abril, a partir das 21.00 horas en O Grifón actuarán os composteláns Oh! Ayatollah e ás 22.30 horas no Pequeño ofrecerán un concerto os vigueses Lamprea Explosiva

Durante o venres 28, O Diaño acollerá ás 21.30 horas o pontevedrés Miguel Alberte e Banda. Ás 22.45 o Pub Lego ofrecerá o concerto de Eu Son Vodoo, da Coruña, unha banda que se move entre o soul ao rock progresivo.

O concelleiro Alberto Oubiña e o organizador do Galegote, Marcos Rivas durante a presentación destacaban o nivel dos grupos e a variedade de actividades que se van desenvolver o sábado 29 de abril. 

• 12.00 horas. Rúa Marquesa: O Fillo do Fiusa DJ (Pontevedra) e Dani Moure (Pontevedra)

• 13.00 horas. Praza de Santa María: Eladio y los Seres Queridos. Presentan 'Cantares', proposto para os Premios MIN da música independente

• 14.15 horas. Praza da Pedreira: Mike Grelo e Curmán (Pontevedra)

• 16.00 h alto de San Francisco-Praza de Ourense: Güintervan (Galicia)

• 17.10 h plaza Curros Enríquez: Malandrómeda (Santiago de Compostela)

Na Plaza da Pedreira, que será o centro neurálxico de todas as actividades, actuarán: 

• 18.20 horas. Atrás Tigre (Santiago de Compostela)

• 19.30 h Chicharrón (Carballo)

• 20.40 h Terbutalina (Galicia)

Ese mesmo sábado 29 tamén haberá programación infantil na praza da Pedreira:

• 12.30 h Xogos tradicionais e xincana

• 17.00 h Contacontos