Un festival de música nas rúas e prazas da man do Galegote Rock

Pontevedra
30 de abril 2017

O Galegote Rock celebrou a súa sexta edición mantenendo a súa liña de promocionar a grupos de diferentes estilos con letras en língua galega.

Concerto de Terbutalina (Galegote Rock)
Concerto de Terbutalina (Galegote Rock) / Cristina Saiz

O Galegote Rock celebrou a súa sexta edición mantenendo a súa liña de promocionar a grupos de diferentes estilos con letras en língua galega.

Nesta edición participaron 13 grupos, destacando o nivel dos grupos e a variedade de actividades.

Na rúa Marquesa actuaron O Fillo do Fiusa DJ (Pontevedra) e Dani Moure (Pontevedra); na Praza de Santa María: Eladio y los Seres Queridos presentaron 'Cantares', proposto para os Premios MIN da música independente; na Praza da Pedreira: Mike Grelo e Curmán (Pontevedra); no alto de San Francisco-Praza de Ourense: Güintervan (Galicia) e na praza Curros Enríquez: Malandrómeda (Santiago de Compostela).

Na Plaza da Pedreira, que foi o centro neurálxico de todas as actividades, actuaron Atrás Tigre (Santiago de Compostela), Chicharrón (Carballo) e Terbutalina (Galicia).