Concerto do grupo de música antiga La Guirlande no Liceo Casino dentro do programa da Sociedad Filarmónica

Pontevedra
14 de marzo 2022

A cita musical será o vindeiro xoves 17 de marzo, ás 20.30 horas, para persoas asociadas á Sociedad Filarmónica de Pontevedra. La Guirlande ofrecerá obras de virtuosos franceses no París do século XVIII

Agrupación La Guirlande Sociedad Filarmónica de Pontevedra

As obras que se acometen no Teatro Principal, obriga á Sociedad Filarmónica de Pontevedra a realizar o próximo concerto da súa programación na sede do Liceo Casino na rúa Manuel Quiroga, grazas á cesión das instalacións que realiza a xunta directiva desta sociedade. 

A cita será este xoves 17 de marzo, ás 20.30 horas, para persoas asociadas á Sociedad Filarmónica. A actuación será do grupo especializado en música antiga La Guirlande

Esta formación, integrada por catro músicos, foi galardoado polo Premio XEMA 2018 ao Mellor Grupo Novo; tamén obtivo o segundo galardón nos premios CREAR18 a Novos Talentos Aragoneses; e foi gañador de varios concursos internacionais. 

La Guirlande ofrece música do século XVIII e XIX con papel protagonista para a frauta. Os integrantes utilizan instrumentos orixinais ou réplicas dos mesmos. A proposta desta agrupación é alcanzar unha interpretación do repertorio que se achegue á idea orixinal dos seus compositores.

No concerto de Pontevedra ofrecerá obras de virtuosos franceses no París do século XVIII.