Concerto sorpresa para os doentes de Pediatría

Pontevedra
19 de decembro 2016

Consultas externas de Pediatría e a Escola de Pediatría do Hospital Provincial foron os dous espazos que acolleron este luns os micro-concertos do proxecto de humanización 'Un mes, un son', posto en marcha pola Xerencia do Hospital de Pontevedra en colaboración co Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga

Concerto sorpresa no Hospital Provincial Chop

Consultas externas de Pediatría e a Escola de Pediatría do Hospital Provincial foron os dous espazos que acolleron este luns os micro-concertos do proxecto de humanización 'Un mes, un son', posto en marcha pola xerencia do Hospital de Pontevedra en colaboración co Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga.

Tras a interpretación de varias panxoliñas e doutras pezas musicais como 'Yesterday', dos Beatles, o cuarteto composto por un mestre e tres alumnas do conservatorio improvisou unha actuación exclusiva para os pacientes e profesionais da planta de Oncoloxía, a cal non estaba prevista no programa.

Os vindeiros micro-concertos terán lugar ao longo do vindeiro mes de xaneiro e, unha vez máis, o lugar e centro sanitario escollido será una sorpresa.