O Festival Costa Feira de Sanxenxo conta cunha nova actuación dentro dos eventos programados para este verán.
Trátase de Natos e Waor, un dúo de rap madrileño que move a numerosos seguidores polas súas letras crúas e descaradas. Están considerados como líderes da transformación da industria musical en España.
Gonzalo Cidre (Natos) e Fernando Hisado (Waor) presumen do seu barrio madrileño de Aluche nunha carreira con oito álbums publicados, entre os que destacan 'Cicatrices' e 'Martes 13'.
A súa actuación está prevista para o 24 de agosto con entradas que oscilan entre os 35 aos 75 euros.
Costa Feira desenvólvese do 25 de xullo ao 25 de agosto coas actuacións confirmadas tamén de Calamaro, Mëstiza; Hombres G, Juan Magán, Marlon, Loquillo, Taburete, Coque Malla e Sidecars.