Concorrida segunda xornada de Culturgal este sábado no Recinto Feiral de Pontevedra.
Ao longo de todo o día a Feira das Culturas Galegas recibiu milleiros de visitantes para participar nalgunhas das máis de 200 actividades programadas ao longo da fin de semana, ademais de comprobar a oferta dos máis dun cento de expositores.
Todo un escaparate da cultura galega completado con cinco escenarios dedicados á literatura, a música, as artes escénicas, a programación infantil ou a arte, ademais de áreas dedicadas aos videoxogos ou aos cómics.
Entre as actividades destacadas da programación deste sábado 2 de decembro figuraban concertos de Silvia Penide ou Ailá, contacontos infantís, ciclos ilustrados de arte, sesións de poesía ou charlas sobre cinema ou a situación da industria musical galega, entre outros actos.
A guinda poñíaa no Pazo da Cultura uno dos pratos fortes na programación da presente edición de Culturgal, o concerto de Leilía nun dos últimos recitais previstos na súa xira de despedida dos escenarios.