O mellor das industrias culturais de Galicia terá de novo unha cita obrigada en Pontevedra. Será cunha nova edición da feira Culturgal.
Os organizadores confirmaron que a próxima edición da feira, que será a número 19, celebrarase entre os días 27 e 29 de novembro no Recinto Feiral de Pontevedra.
De cara á organización do evento, Culturgal abre desde este luns o prazo para solicitar os postos da feira.
Este primeiro prazo estará aberto a todos os interesados até o próximo 31 de agosto.
Posteriormente haberá un segundo prazo, do 1 ao 15 de setembro, cun incremento dos prezos do 25%.
Os postos outorgaranse por orde de chegada das solicitudes e a reserva debe facerse a través da web cultur.gal.
O proceso de solicitude é moi sinxelo e, como novidade, poderá seleccionarse a caseta directamente sobre o plano, facendo clic no espazo desexado.
No caso das casetas de artesanía, terán preferencia os traballos artesanais directamente relacionados co mundo cultural.
Deberán anotarse a través dun correo electrónico, [email protected].
Ademais, a arte contemporánea contará co seu lugar en Culturgal no espazo expositivo do Pazo da Cultura.
A este respecto, as persoas interesadas en participar poden solicitalo na dirección [email protected].
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.