As principais rúas e prazas do centro histórico de Pontevedra volverán converterse durante o mes de agosto en escenario dunha continua animación festiva. Será da man das dez compañías que participarán este ano nunha nova edición do festival Itineranta.
Tras estar limitado pola pandemia, este Festival Internacional de Animación de Rúa de Pontevedra retomará o seu formato habitual para a que será a súa undécima edición, que se desenvolverá entre os días 3 e 5 de agosto.
Serán, por tanto, tres días nos que os espectáculos que presentarán as diversas compañías que participarán, chegadas de Galicia, Andalucía, Castela e León, Madrid, Comunidade Valenciana, Euskadi e Cataluña, farán as delicias do público máis familiar.
A programación de Itineranta será a seguinte:
Mércores 3
Troula Animación: O estraño caso do dentista...
Cía Sin Fin: Los Piratas
Yera Teatro: Meninas
Animarts: Damonion
Xoves 4
Zanguango Teatro: Al otro lado
Ale Hop: The Clownpany
La Fam: MotorPunk
Hortzmuga Teatroe & Deabru Beltzk: Senta
Venres 5
Nacho Villas & Yllana: Glubs
Sound de Secá: Sabor
Ale Hop: Voluminaires futuristic freaks
La Fan: Aquiles
Todos os espectáculos percorrerán os espazos previstos, de maneira itinerante, a partir das oito da tarde.