A Deputación de Pontevedra confirma o final da exposición "Dalia", obra creativa da artista e directora de escena Marta Pazos, este domingo 11 de xaneiro no Museo de Pontevedra.
A mostra, integrada no ciclo "Infiltracións", ten permanecido máis dun mes e medio no Edificio Castelao, permitindo ao público contemplar a singular intervención situada na fachada da rúa Arcos de San Bartolomeu.
"Dalia" xurdía como unha homenaxe á avoa da artista, falecida na pandemia, a través dun xardín vertical cheo de cor e luz, construído a partir das flores inmortalizadas nas súas fotografías.
A proposta converte o museo nun espazo de memoria, emoción e beleza mediante recursos visuais e poéticos.
O proxecto está integrado no ciclo "Infiltracións", comisariado por Iñaki Martínez Antelo, no que diferentes artistas traballan de forma colaborativa coa colección do propio museo para ampliar miradas e discursos sobre os fondos expositivos.
Marta Pazos, directora escénica pontevedresa con ampla traxectoria nacional e internacional en teatro e ópera, destaca pola súa capacidade de transformar a percepción do público mediante a cor e a escenografía.

O seu traballo foi presentado en institucións destacadas como o Gran Teatre del Liceu, Teatro Real ou Teatro da Abadía, así como en escenarios de Europa, África e América Latina.