Pontevedra tivo un protagonismo especial na gala dos Premios da Cultura Galega 2024, o maior recoñecemento institucional á creación cultural en Galicia, que se entregaron na noite do xoves no Teatro Jofre de Ferrol.
O xestor cultural Joaquín Martínez 'Kin' (música) -fundador de Esmerarte- e a actriz e directora Marta Pazos (artes escénicas) recolleron os seus respectivos premios de mans do conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.
A eles sumáronse o deseñador gráfico Pepe Barro (artes visuais), a produtora Ficción Producciones (audiovisual), a xornalista Julia Díaz (lingua), o dramaturgo Manuel Lourenzo (letras), o historiador Xosé Manuel González (patrimonio cultural) e o Real Club Celta de Vigo (proxección exterior).
Todos eles, segundo destacou López Campos, son "sinónimo de excelencia, entrega e impulso" á cultura galega en todas as súas expresións. Pediulles seguir "creando, compartindo e crendo na potencialidade da cultura que nos une e nos fai sentir orgullosos".
O conselleiro destacou ademais o momento de efervescencia que vive o sector cultural galego, ao que animou "a non conformarse, ser ambicioso e seguir medrando".

Todos eles, segundo destacou López Campos, son "sinónimo de excelencia, entrega e impulso" á cultura galega en todas as súas expresións. Pediulles seguir "creando, compartindo e crendo na potencialidade da cultura que nos une e nos fai sentir orgullosos".
O conselleiro subliñou ademais o momento de efervescencia que vive o sector cultural galego, ao que animou "a non conformarse, ser ambicioso e seguir medrando".
Con respecto aos galardoados, o titular de Cultura, Lingua e Xuventude definiu a Marta Pazos como unha creadora "arriscada e vangardista", recoñecida dentro e fóra de Galicia, e a 'Kin' Martínez como un "referente cultural" no panorama nacional e internacional.
Ademais, en canto ao sector audiovisual, eloxiou o traballo de Ficción Producciones, liderada por Mamen Quintas e Julio Casal e cuxas últimas series e películas rodáronse na área de influencia de Pontevedra, por "amosar ao mundo a riqueza cultural que temos en Galicia".

Na súa intervención, 'Kin' Martínez reivindicou que este premio non é un logro individual senón que "é de todos" os que traballan con el e defendeu que a música "non só xera cultura senón tamén emprego, economía e valor transversal noutros sectores".
A través dun relato persoal, o promotor musical evocou a súa infancia na pequena aldea de Briallos (Portas), onde descubriu a música e a cultura grazas a unha maleta de libros e discos que cada ano traía o seu tío Manuel.
"Souben que a miña vida cambiara porque era forte coa cultura e coa miña idea do que consideraba que era Galicia", confesou emocionado, unha terra que asegurou defender "con agarimo, con respecto e con toda a potencialidade que ten".
Todos os galardoados recibiron unha escultura do artista portugués afincado na comarca de Ferrol, Manuel Patinha.

A gala celebrada en Ferrol rendeu homenaxe ás cantareiras, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025, e Castelao, cun pano escénico deseñado por el.
A parte musical correu a cargo do Coro Encaixe, Nova Galicia Danza e Sara Gimeno 'Ares', gañadora do certame Xuventude Crea 2024 na categoría de música.