Doce días para visitar obras de Uxía Gonzalo Salgueiro e Uxía Caneda con banda sonora propia

Sanxenxo
06 de abril 2023

A mostra 'Son (do verbo ser)' inaugurouse esta mércores 5 co primeiro pase inmersivo e a presenza de autoridades. Permanecerá aberta ata o domingo 16 de abril na Sala Nauta de Sanxenxo

Exposición 'Son (do verbo ser)', de Uxía Gonzalo Salgueiro e Uxía Caneda
Exposición 'Son (do verbo ser)', de Uxía Gonzalo Salgueiro e Uxía Caneda / Concello de Sanxenxo

Desde este mércores 5 ata o domingo 16 de abril, a Sala Nauta acolle a exposición 'Son (do verbo ser)', de Uxía Gonzalo Salgueiro e Uxía Caneda.

Trátase dunha mostra inmersiva que une a visualización das obras cunha banda sonora propia. Combínanse texturas, olores, viño e realidade aumentada.

Paz Lago, concelleira de Cultura de Sanxenxo, destacaba na inauguración que se trata dunha proposta "diferente e nova que Sanxenxo tiña que apoiar". 

Ao longo desta mostra obsérvanse seis cadros que viran en torno ao recordo e o sentimento de nostalxia, empregando elementos da paisaxe das Rías Baixas. 

A entrada é libre e as visitas realízanse a través de pases cunha duración de dez minutos coa música como guía entre as obras que ofrecen diferentes técnicas creativas para trasladar ás persoas visitantes a espazos e momentos diversos.