Domingos do Principal reanuda a súa programación teatral tras o parón polas restricións sanitarias

Pontevedra
20 de febreiro 2021

As tres obras, que non se puideron representar nas pasadas semanas por mor das restricións derivadas da situación sanitaria, foron reprogramadas para abril e maio.  A versión libre de 'Hansel y Gretel' para crianzas a partir de 6 anos será representada nas dúas sesións deste domingo 21 de febreiro

Domingos do Principal - Contacreques - Compañía: Emedous
Domingos do Principal - Contacreques - Compañía: Emedous

Domingos do Principal restaura a súa programación teatral despois do parón por mor das restricións sanitarias. As tres obras, que non se puideron representar nas pasadas semanas a raíz das restricións derivadas da situación sanitaria, foron reprogramadas para abril e maio.

A versión libre de 'Hansel y Gretel', a cargo de Borobil Teatroa, Guipuzkoa, chegará ao Teatro Principal nas dúas sesións das 12:00 e das 18:30 horas do vindeiro domingo 21 de febreiro. Esta obra está recomendada para crianzas a partir de 6 anos.

Deste xeito, retómase o programa Domingos do Principal, adaptándoo ás novas restricións que entraron en vigor o pasado 17 de febreiro. Estarán, polo tanto, adaptados aos novos aforos permitidos e a todas aquelas medidas de seguridade oportunas.

Neste momento xa están esgotadas as localidades para o patio de butacas da sesión das 12:00 horas, aínda que por agora quedan algunhas no anfiteatro. Para a sesión das 18:30 horas aínda poden ocuparse localidades tanto no patio de butacas como no anfiteatro.

Os pases restantes poden adquirirse anticipadamente accedendo a Ataquilla.com ou de xeito físico, de 10 a 11h para a sesión matinal, ou de 16:30 a 17:30 para o pase das 18:30 horas. A obra, que ten unha duración de 50 minutos, está recomendada para crianzas a partir de 6 anos.

O programa Domingos do Principal continuará, a partir de agora, coa programación prevista. Ademais tamén engade tres xornadas, nos meses de abril e maio, na que reprogramaron as obras que quedaran sen representar por mor das restricións sanitarias.

O programa, de manterse a situación sanitaria, queda do seguinte xeito:

  • Domingo 28 de febreiro: Companyia La Tal, "Italiano Grand Hotel"
  • Domingo 7 de marzo: Compañía Borja Ytuquepintas, “Jojo"
  • Domingo 14 de marzo: Compañía Ajidanha, “Semente: o homem que plantava árvore"
  • Domingo 21 de marzo: Compañía Markeliñe, "Crusoe"
  • Domingo 4 de abril: Compañía Higiénico Papel Teatro, “Riquete el del copete"
  • Domingo 11 de abril: Compañía Excéntricas e teatro do adro, "Cartoóns"
  • Domingo 2 de maio: Compañía Emedous, “Contacreques"