Dous días de festa para celebrar e reivindicar a lingua

Pontevedra
13 de maio 2025
Actualizado: 17 de maio

A Festa da Lingua 2025, organizada polo Centro Social A Pedreira e o Concello de Pontevedra, busca poñer en valor a lingua galega a través da música, o teatro, a convivencia ou os xogos populares

Pomba Longueira e Nuria Díaz, integrantes da Asociación A Pedreira, e Demetrio Gómez, edil de Normalización Lingüística, presentan a Festa da Lingua 2025
Pomba Longueira e Nuria Díaz, integrantes da Asociación A Pedreira, e Demetrio Gómez, edil de Normalización Lingüística, presentan a Festa da Lingua 2025 / Pablo Ajuria / Brais Porto

O Centro Social A Pedreira organiza, xunto ao Concello de Pontevedra, os días 16 e 17 de maio a Festa da Lingua 2025.

O edil de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez, presentou a programación desta festa acompañado das integrantes da Asociación A Pedreira: Pomba Longueira e Nuria Díaz.

Unhas xornadas de celebracións, abertas á cidadanía e para todos os públicos, que buscan poñer en valor a lingua galega a través da música, o teatro ou os xogos populares, entre outras actividades.

A Festa da Lingua 2025 procura ser un espazo de convivencia arredor da cultura galega, onde a tradición e a creatividade actual se dan a man.

O evento tamén incluirá a lectura dun manifesto simbólico e participativo, co obxectivo de animar ao uso da lingua galega en todos os ámbitos da vida diaria.

Pomba Longueira, integrante da Asociación A Pedreira, e Demetrio Gómez, edil de Normalización Lingüística, presentan a Festa da Lingua 2025
Pomba Longueira, integrante da Asociación A Pedreira, e Demetrio Gómez, edil de Normalización Lingüística, presentan a Festa da Lingua 2025Pablo Ajuria / Brais Porto

As actividades desenvolveranse o venres 16 en diversos espazos da cidade e o sábado 17 na contorna do número 36 da rúa Serra.

En caso de mal tempo, este segundo día trasladarase a celebración ao interior do mercado de abastos.

Dende a organización convidan a toda a cidadanía a achegarse, participar e desfrutar dunha programación pensada con agarimo e entusiasmo para celebrar a riqueza lingüística e cultural de Galicia.

VENRES 16 DE MAIO:

  • 20:00 – Ruada con saída da Praza da Peregrina
  • Ofrenda floral no monumento a Castelao (Rúa Alta), organizada por Amigos da Cultura
  • 21:00 – Concertos na Praza da Pedreira: Regueifa Tour, Cuarta Xusta e The Teta’s Van

SÁBADO 17 DE MAIO:

  • Durante toda a mañá: Book-crossing por diferentes puntos da cidade
  • 11:00 – Espectáculo infantil: "Con lingua própria" de Peter Punk
  • 12:00 – Xogos tradicionais con Miudiño
  • 13:00 – Pasarrúas con Foula
  • 14:00 – Sesión vermú con Foula e as Pandereteiras de Quireza
  • 14:30 – Xantar popular (precisa inscrición ao través do código QR do cartel)
  • 17:00 – Foliada final co alumnado do Centro Social A Pedreira
Nuria Díaz e Pomba Longueira, integrantes da Asociación A Pedreira, e Demetrio Gómez, edil de Normalización Lingüística, presentan a Festa da Lingua 2025
Nuria Díaz e Pomba Longueira, integrantes da Asociación A Pedreira, e Demetrio Gómez, edil de Normalización Lingüística, presentan a Festa da Lingua 2025Pablo Ajuria / Brais Porto