A tempada de teatro de Afundación en Pontevedra chega á súa fin o próximo 16 de decembro da man da obra El hijo de la novia, unha adaptación de Garbi Losada e José Antonio Vitoria da película de Fernando Castets e Juan J. Campanella do mesmo nome. A representación, protagonizada por Juanjo Artero, Tina Sainz, Álvaro de Luna, Mikel Laskurain e Dorleta Urretabizkaia, será ás 20.30 horas no auditorio da rúa Augusto González Besada.
As entradas están á venda en www.ataquilla.com e no teléfono 902 504 500. Ademais, Afundación ten en marcha unha política de bonificacións e descontos para persoas desempregadas, xubiladas e mozas que supón unha rebaixa adicional dun 10 % no prezo das entradas.
El hijo de la novia conta a historia de Rafael, un home inmerso nunha terrible crise económica e de valores, que dedica 24 horas ao día para sacar adiante o restaurante fundado polo seu pai. Incapaz de conectar coa xente e atafegado polas súas circunstancias persoais, a vida de Rafael dá un xiro total a partir dunha serie de acontecementos inesperados que acabarán sendo o impulso definitivo que o obriga a reformularse a súa vida e ordenar as súas prioridades.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.