El Náutico do Grove inspira o novo traballo musical de Rozalén

Pontevedra
21 de outubro 2019

Rozalén reuniu a toda a súa banda en El Náutico para reinterpretar nove dos temas que compoñen o seu disco máis transcendente ata a data, Cuando el río suena. A partir do 23 de outubro e cunha periodicidade semanal, irá presentando estes videos cada mércores ás sete da tarde na súa canle de Youtube

Rozalén, en San Vicente do Mar
Rozalén, en San Vicente do Mar

Desde hai anos Rozalén é unha das artistas e bandas que, cada verán, refúxianse en El Náutico do Grove, un local que se converteu nun lugar de peregrinaxe musical. Esta sala, tan afastada dos grandes espazos nos que adoita actuar, foi a súa inspiración para o seu novo traballo musical.

A artista manchega presentará esta semana Desembocando en el Náutico, un proxecto que nace da necesidade que tiña Rozalén de concluír unha etapa que sen dúbida, marcou de maneira sobresaliente a súa carreira.

Para iso, reuniu a toda a súa banda en El Náutico para reinterpretar nove dos temas que compoñen o seu disco máis transcendente ata a data, Cuando el río suena.

A partir do 23 de outubro e cunha periodicidade semanal, Rozalén irá presentando cada mércores ás sete da tarde, desde a súa canle de Youtube, estes vídeos gravados desde a máis absoluta emoción.

El Náutico foi o escenario escollido para unha homenaxe a un disco que demostrou romper barreiras políticas e culturais e, a pesar de ser un álbum repleto de intimidades e que se atrevía a tocar temas controvertidos do noso país, supuxo un éxito tamén a nivel internacional, arrasando en moitos países de Latinoamérica.

Todo un broche memorable e emotivo para dous anos de traballo, gravado con sumo coidado en diferentes localizacións dun dos lugares máis belos das Rías Baixas, coa que a artista busca festexar e coroar unha etapa que, recoñece, será moi difícil de esquecer.