Nunha noite na que era posible ver no ceo a choiva de estrelas, miles de persoas concentrábanse na praza de España para seguir o concerto dunha das bandas referentes no panorama actual da música indie-rock, Los Planetas.
A formación granadina liderada polo inconfundible Jota e polo guitarrista Florent ofreceu un espectáculo de luces hipnóticas e temas intensos, como os que se presentan no seu último traballo 'Las canciones del agua', unha homenaxe ao poeta Federico García Lorca e ao cantante Carlos Cano. Un álbum no que destacan temas como 'El Rey de España', 'La nueva normalidad' e a formidable apertura de 'El Manancial'.
Numerosos seguidores de diversas idades gozaron do son desta banda sempre sorprendente e coñecida polo gran público grazas a temas tan exitosos como 'Un buen día', 'Qué puedo hacer' ou o recente 'El negacionista'.
Este domingo 14, a irreverente artista Zahara será a encargada de subirse ao escenario situado #ante o antigo Concello a partir das 22.30 horas nun espectáculo aberto ao público no que se espera unha gran asistencia de espectadores.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.