A Escola Oficial de Idiomas impulsa a lingua galega co Certame de Microrrelatos

Pontevedra
03 de marzo 2026

A Escola Oficial de Idiomas, co financiamento do Concello, aposta un ano máis polo Certame de Microrrelatos

Presentación 16º Certame de Microrrelatos en galego

Este martes 3 de marzo, o concelleiro de Normalización Linguistica, Demetrio Gómez, presentou a 16º edición do Certame de Microrrelatos en Galego, organizado pola Escola de Idiomas e Normalización linguistica.

María Férnandez, a directora da Escola Oficial de Idiomas (EOI), agradeceu o apoio económico do Concello para poder financiar os premios outorgados aos gañadores do certame. Repartiranse até 450 euros en forma de vales para comprar libros, CD e DVD en galego, en tres categorías.

Con todo, aclarou que a idea deste concurso non é velo como unha competición, senón como unha maneira de reivindicar que "a lingua galega está viva e é plenamente válida para a creación artística".

A EOI decantouse polo formato de microrrelato polo seu atractivo e a un público máis amplo, chamando a atención de participantes máis novos.

Doutra banda, Elma Barreiro, secretaría da EOI, explicou as bases do proxecto. A dinámica consistirá en escribir unha historia utilizando tres palabras concretas que se coñecerán ao longo desta semana nas redes sociais da escola.

"Recordo, miñaxoia, esmendrellarse...No son sólo palabras, son chispas, son un instante en el que la imaginación prende y comienza a construir mundos. Son el punto de partida de las historias que nacieron en anteriores ediciones del certamen", expresou Elma Barreiro.

Poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos, independentemente de si son alumnos da EOI ou non. O microrrelato terá un límite de extensión de 150 palabras, sen contar o título, que se poderán escribir en 110 minutos.

Con esta iniciativa, pretenden "demostrar que a literatura non necesita extensión para ser grande". Os temas das actividades desenvolvidas pola EOI están propostos polas bibliotecas escolares.

O certame será de carácter presencial en dúas localizacións: no IES Valle-Inclán, en Pontevedra, e no IES Ramón Mº Aller Ulloa, en Lalín. Ambas as sesións terán lugar o xoves 12 de marzo, ás 17:30 horas.