Escuchando Elefantes presenta en Pontevedra o seu álbum 'Momento'

Pontevedra
17 de abril 2026

Silvia e Carlos ofrecerán este sábado, 18 de abril, na Verbena, un concerto íntimo no que presentarán o seu último disco. As entradas están dispoñibles a partir de 15 euros

Escuchando Elefantes Escuchando Elefantes

O dúo galego Escuchando Elefantes ofrecerá este sábado 18 de abril ás 21:30 horas un "concerto íntimo e case desenchufado" na Verbena (rúa Paio Gómez Charino, 29, Pontevedra).

Trátase do único bolo programado polo grupo en Galicia nos próximos meses, onde presentarán temas do seu último disco 'Momento'.

O álbum explora a despedida como un instante suspendido no tempo a través de 11 cancións que viaxan desde a nudez acústica a momentos sonoros irresistibles.

Silvia e Carlos interpretan cada final cunha mestura de melancolía, forza e esperanza, á vez que convidan a entender que un adeus, aínda que triste, sempre trae unha promesa de algo mellor e nesa promesa nace o momento.

As entradas están dispoñibles por 15 euros de maneira anticipada e por 18 euros en despacho de billetes.