Estrea de sesións vermú con Marilia Monzón, Pablo Lesuit e Igloo no PortAmérica 2022

Umia
20 de maio 2022

A programación musical da edición deste ano de PortAmérica volve a Caldas de Reis cun novo formato "sesión vermú", que terá lugar durante a mañá das xornadas do sábado día 4 e do domingo día 5 de xuño, ademais dos anunciados concertos durante os días 2, 3 e 4 de xuño na  Azucreira de Portas

Banda Igloo en O Son do Camiño
Banda Igloo en O Son do Camiño

'A Tafona' será o escenario matinal do novo formato de "sesións vermú" que se presenta neste Festival PortAmérica 2022. Celebrarase durante a mañá das xornadas do sábado 4 e do domingo 5 de xuño en Caldas de Reis, unha iniciativa que se suma aos concertos previstos para as xornadas do 2, 3 e 4 de xuño na Azucreira de Portas.

Todas aquelas persoas que queiran participar poderán sumarse a estes concertos na Tafona que ofrecerán diferentes estilos musicais desde o  indie ao folk pasando pola cantiga. O programa previsto é o seguinte:

Sábado 4:  Marilia Monzón; Marisa Valle Roso; Santi Araújo e Pablo Lesuit

Domingo 5:  Mavica, Sarria e Igloo.

A esta novidade tamén se engade a confirmación da artista arxentina Nathy Peluso, que será a encargada de pechar a programación do sábado 4 de xuño en Portas. O Festival contará tamén con Bizarrap; WOS; e Xoel López que completan cun cartel onde destacan Depedro, Alice Wonder, Lisandro Aristimuño, Rojuu, The Parrots, Instituto Mexicano Del Sonido e Flecha Valona.

Por primeira vez está previsto que a acampada de PortAmércia realícese na Carballeira de Caldas de Reis para ofrecer catro días de aloxamento aos campistas no centro da vila para partir do 1 de xuño. Os tickets para a acampada atópanse dispoñibles a través da web do Festival.

A organización lembra que as entradas compradas para 2020 teñen validez para estas novas datas e xa se atopa á venda unha cota limitada de abonos por 65 euros máis gastos de distribución a través de Portamerica.es. No mesmo portal tamén se poden adquirir entradas diarias por 30 euros máis gastos de distribución. 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora