Este xoves 5 de marzo, as portas da Casa Consistorial abríronse para recibir o alumnado francés de intercambio que está a convivir cos estudantes do IES Valle Inclán.
O concelleiro de Dinamización Sociocultural, Demetrio Gómez, foi o encargado de recibilos inicialmente e mostrou a súa satisfacción ante esta iniciativa afirmando que "nos gusta ser unha cidade de acollida". Ademais, explicou aos visitantes que Pontevedra está deseñada para os mozos, sendo maioritariamente peonil para fomentar unha sociedade máis próxima.
Ao longo deste encontro, o estudiantado comentou as súas experiencias, coa axuda dun tradutor, durante estes primeiros días que levan na localidade, tras coñecer lugares como Combarro ou a praia de Mogor.

'Pontevedra es muy viva', afirmaron os invitados despois de expresar o seu asombro ante os parques, a proximidade entre as tendas e, en xeral, o ambiente e encanto da cidade.
Demetrio Gómez mencionou a importancia da "memoria histórica" para os pontevedreses e pontevedresas, recoñecendo nas súas rúas unha gran variedade de personaxes emblemáticos. Por outra banda, o concelleiro fomentou as visitas culturais, impulsando a asistencia ao cine, museo ou teatro.
Finalmente, o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores agradeceu a estancia do alumnado de intercambio na cidade, explicándolles así a organización e forma de vida de Pontevedra.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.