O Peirao de Arcade acolleu a noite do venres unha nova xornada dos Concertos de Verán, unha iniciativa musical que reuniu centos de persoas nesta zona costeira.
A proposta deste ano combinaba a raíz tradicional, ritmos ska e sons urbanos contemporáneos.
A actividade comezou a media tarde coas sesións musicais de La Duendeneta, que se encargou de ambientar o recinto portuario tanto nas horas previas como nos intervalos entre os diferentes grupos.
A continuación, a banda De Ninghures subiu ao escenario para ofrecer un repertorio centrado na música e na tradición galega.
O programa continuou coa intervención do grupo italiano Talco. A formación internacional presentou o seu estilo ska-punk ante un público que seguiu o ritmo das composicións durante todo o transcurso da súa actuación.
O peche da noite correspondeu a 9LOURO, artista galego que clausurou o evento cunha proposta que fusiona xéneros coma o rap, o trap, o reguetón, o pop e outros sons urbanos cantados en lingua galega.
O Concello de Soutomaior trasladou o seu agradecemento pola asistencia e pola participación do público ao longo da xornada.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.