Éxito rotundo do concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona no Teatro Principal

Pontevedra
03 de xaneiro 2023

O Teatro Principal de Pontevedra quedou pequeno este martes 3 de xaneiro para acoller o concerto que ofrecían Uxía Lambona e a Banda Molona da man de Deleite para celebrar as festas do Nadal

Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona Mónica Patxot

O Teatro Principal de Pontevedra quedou pequeno este martes 3 de xaneiro para acoller o concerto que ofrecían Uxía Lambona e a Banda Molona para celebrar as festas do Nadal.

A iniciativa, organizada en Pontevedra da man de Deleite, era de entrada libre ata completar aforo, o que sucedeu xa minutos antes de que se iniciase o concerto.

De feito a propia Uxía Lambona achegouse ao exterior do teatro para saudar a todos os que non puideron acceder ao espectáculo, interactuando cos máis pequenos. Tamén cantou a moitos dos que chegaban ao lugar as súas cancións favoritas.

Nas butacas, sen un sitio libre, o público infantil gozou do repertorio da Banda Molona, composto por moitos dos clásicos populares galegos co seu particular e divertido toque.

Unha xornada de música, baile e xogos para amenizar a época do Nadal que fixo gozar a todos os presentes.